Subministro e instalación de sistemas informáticos
O noso obxectivo é ofrecer a máis avanzada tecnoloxía para impulsar a eficiencia e calidade no traballo, a redución de custos e a obtención de resultados profesionais. Para elo contamos coa garantía dos mellores fabricantes e cun servizo técnico e de consultoría propio para asesorarte sobre as solucións informáticas e reprográficas que mellor se adaptan ás túas necesidades.
- Sistemas Operativos: instalación de sistemas operativos (Windows y Linux), implantación de directorio activo, servidores de correo, servidores de fax, servidores de base datos, servidores web, xestión documental, execución remota de aplicacións.
- Seguridade: control de acceso e uso de Internet mediante firewall, antivirus, copias de seguridade, recuperación de datos danados, creación de VPN’s.
- Cableado: instalación de cableado estruturado, movementos e ampliacións, actualización de sistemas de cableado obsoletos a tecnoloxías recentes, integración de electrónica de redes (concentradores, switches, convertidores de medios,…), proba e monitorización dos compoñentes da túa rede.
Consumibles
Subministramos cartuchos de tinta, toners, soportes de impresión e todo tipo de produtos de oficina, que garantan o axeitado funcionamento do teu produto e resultados profesionais e eficaces.
Distribuímos centos de referencias para a súa impresora, desde consumibles para fax a consumibles para inkjet pasando por consumibles para láser e matricial. Consúltanos.