Estatística

gráfica de tartaA estatística trata do reconto, ordenación e clasificación dos datos obtidos polas observacións, para poder facer comparacións e sacar conclusións. Hoxe en día, a estatística desempeña un papel de gran utilidade en calquera tipo de empresa. O obxectivo da aplicación de calquera técnica estatística vai estar orientado sempre á mellora do nivel de eficiencia na toma de decisións.

O tratamento estatístico dun problema comeza sempre coa presentación da magnitude que se quere analizar dunha determinada poboación e a selección da mostra pertinente para pasar á recollida de datos. Neste proceso deséñase, realízase e codifícase unha enquisa. Unha vez obtidos os datos ordénanse e preséntanse en táboas ou gráficas, de forma que sexa posible observar as particularidades que sinalan.

gráfica de barrasUn estudo estatístico consta dunha serie de fases ben diferenciadas:

  • Definición da poboación e característica a estudar.
  • Selección da mostra.
  • Recollida de datos.
  • Organización e representación gráfica.
  • Análise de datos.
  • Obtención de conclusións.

Ofrecemos servizos completos en estudos de estatística, abalados por un grupo de profesionais con ampla experiencia no sector. Dispoñemos de especialistas específicos no sector agrogandeiro.