Asistencia técnica

O teu sistema informático require seguimento e asesoramento, porque a informática é dinámica e está en constante evolución, tanto a nivel hardware como a nivel software.

Mantemento de sistemas informáticos

Mantemento de sistemas informáticosO noso servizo de mantemento está destinado a que o teu traballo sexa produtivo e eficaz, e non se vexa limitado ou interrompido por erros no teu sistema.

O servizo de mantemento consiste no coidado preventivo e correctivo dos equipos informáticos da túa empresa: sistemas operativos, antivirus, actualizacións de hardware e software, análise de rendemento, revisión de espazo en disco, defragmentación, vulnerabilidades de aplicacións,… tanto dos ordenadores como dos servidores da túa empresa.

 

 

Consultoría en software

softwareExiste unha grande cantidade de aplicacións comerciais que buscan cubrir en gran medida as necesidades da maioría de negocios, pero cada negocio é un mundo e cada un ten necesidades moi distintas.

É moi importante dispoñer do software axeitado para facer o teu traballo máis produtivo e rápido. Tras unha análise do teu negocio e do contexto da actividade na que se desenvolve, as túas necesidades tecnolóxicas e funcionais, proporémosche a solución de software que mellor se adapte ás súas necesidades.

Se estás pensando en actualizar o software da súa empresa, non dubides en consultarnos.