Política de privacidade

1. Identificación da empresa titular

Denominación social: Arela Solucións, S.C.G.

Nome comercial: Arela Solucións.

Enderezo social: Rúa Castiñeiras, 106-A2, 1º. 15895 Milladoiro – Ames (A Coruña).

CIF: F70365267.

Datos rexistrais: Inscrita no Rexistro Central de Cooperativas en Santiago de Compostela, Tomo VII, Folla 369-SCT, Folio 1, Núm. Asento:1.

Nome de dominio: www.arelasolucions.es.

Datos de contacto:

  • Enderezo postal: Rúa Castiñeiras, 106-A2, 1º. 15895 Milladoiro – Ames (A Coruña).
  • Teléfono de atención ao cliente: 981 941 959.
  • Enderezo de correo electrónico: info@arelasolucions.es.

2. Información ao usuario da existencia do ficheiro e solicitude do consentimento para o tratamento automatizado dos seus datos persoais

ARELA SOLUCIÓNS S.C.G. (en diante ARELA SOLUCIÓNS) cumpre estritamente a normativa vixente e aplicable en materia de protección de datos de carácter persoal, establecida na Lei 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento, e informa aos USUARIOS do seu sitio web de que ditos datos serán incorporados nun ficheiro para o seu tratamento automatizado. Os USUARIOS, mediante o marcado da casilla correspondente nos formularios que así o requiran, dan o seu consentimento a dito tratamento.

3. Finalidade dos datos

ARELA SOLUCIÓNS recolle determinados datos persoais que son introducidos polo USUARIO libremente nun formulario coa finalidade de poder contratar os distintos servizos, así como contestar e identificar as peticións realizadas polo USUARIO. ARELA SOLUCIÓNS informa que ditos datos poderán ser tratados para as seguintes finalidades:

  • Remisión de comunicacións comerciais relacionadas cos produtos ou servizos ofrecidos por ARELA SOLUCIÓNS.
  • Elaboración de estudos estatísticos.
  • Tramitación de encargos, solicitudes ou calquera outro tipo de petición que sexa realizada polo usuario a través de calquera das formas de contacto que se poñen a disposición do usuario no sitio web www.arelasolucions.es.

4. Obrigatoriedade da introdución dos datos

Para acceder ao sitio web www.arelasolucions.es non é necesario aportar ningún dato de carácter persoal. Non obstante, para realizar solicitudes de información, si é necesario que o USUARIO aporte os seus datos nos formularios existentes no sitio web. Todos os campos son opcionais excepto aqueles que se sinalen especificamente como obrigatorios mediante un asterisco (*).

En caso de que non sexan facilitados todos os datos, ARELA SOLUCIÓNS non garante que a información e servizos facilitados sexan completamente axustados ás necesidades do USUARIO.

5. Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

ARELA SOLUCIÓNS garante en todo caso ao USUARIO o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación, información e oposición, nos termos dispostos na lexislación vixente. Por elo, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) poderá exercer os seus dereitos remitindo unha solicitude expresa, xunto a unha copia do seu DNI, a través dos seguintes medios:

e-mail: info@arelasolucions.es.
Correo postal: Rúa Castiñeiras, 106-A2, 1º. 15895 Milladoiro – Ames (A Coruña).

6. Responsable do tratamento

O responsable do tratamento dos datos é ARELA SOLUCIÓNS S.C.G, con domicilio social en Rúa Castiñeiras, 106-A2, 1º. 15895 Milladoiro – Ames (A Coruña). ARELA SOLUCIÓNS inscribiu debidamente os seus ficheiros na Axencia Española de Protección de Datos, podéndose consultar os mesmos en www.agpd.es.

7. Cesión dos datos

ARELA SOLUCIÓNS informa e garante expresamente ao  USUARIO que os seus datos persoais non serán cedidos en ningún caso a terceiras compañías sen contar co consentimento expreso, previo, informado, e inequívoco por parte dos titulares.

8. Utilización de cookies

ARELA SOLUCIÓNS utiliza cookies para obter información e realizar análises estatísticas sobre o uso do sitio web www.arelasolucions.es. As cookies utilizadas por ARELA SOLUCIÓNS son anónimas e non se refiren aos datos persoais do USUARIO, nin en ningún caso permite o acceso a terceiros aos datos que o USUARIO poida ter no seu equipo persoal.

9. Enderezos IP

Os servidores do sitio web www.arelasolucions.es poderán detectar de maneira automática o enderezo IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Un enderezo IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta a Internet. Dita información pode ser rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor debidamente inscrito que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servizos web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.

10. Seguridade

ARELA SOLUCIÓNS asegura a absoluta confidencialidade e privacidade dos datos persoais recollidos, e adoptou as medidas técnicas e de organización necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos de carácter persoal que trate, así como para evitar a súa perda, alteración e/ou acceso por parte de terceiros non autorizados.

Non obstante, ARELA SOLUCIÓNS non será responsable das incidencias que poidan xurdir  en torno a datos persoais cando estas se deriven de causas alleas ao seu control, ou ben a unha falta de dilixencia do USUARIO en canto á garda e custodia das súas claves e datos persoais.

11. Envío de correos non solicitados (SPAM)

ARELA SOLUCIÓNS é absolutamente contraria á práctica de spam e nunca realiza este tipo de condutas. ARELA SOLUCIÓNS unicamente envía información aos correos electrónicos facilitados polos usuarios e que, por tanto, aceptaran a súa política de protección de datos.